Petroglifos cruciformes

Sobre os petroglifos cruciformes da Barbanza, xa quixera eu poderlles revelar con certa propiedade, os motivos que levaron ós nosos antepasados a realizar cantos símbolos encontramos ó través dos mais variados paisaxes: Muíños, alpendres, casas, igrexas, hórreos, moxóns, muros i encrucilladas. ¡Pois nada! Canto lles puidera dicir, creo que xa o saben. Palla, palla e máis palla. Pero si teñen curiosidade, poden seguir lendo estes riscos ata onde se cansen; pois de todas formas ei de caer na tentación de espricarlles algo a maneira de sempre: Penso, coido, contan, quizais. Como fan os especialistas, coa particularidade que eu, vouno facer ó estilo naif; caseiro e sen complexo, xa que non teño a quen render contas, nin superiores que poidan recriminarme. E baixo esta declaración, vostedes a partir de agora, sopesarán canto poida aparecer nestas páxinas. Grazas anticipadas pola súa tolerancia.

 

RIBEIRA
OUTES
MUROS
NOIA
LOUSAME
P. DO SON
BOIRO
POBRA
RIANXO
DODRO
Sálvora
Ría de Arousa
Si alguén quer ver reflexada nesta páxina, algún vestixio do seu lugar ou parroquia que non apareza nesta galería de imaxes, pode mandar unha foto, a este e-mail: barallocas@hotmail.es. E si dispuxese dun GPS, non estaría demáis se facilitase as coordenadas ou cadras que fagan doado dar con el; Pois con elo contribuiría o engrosamento e protección da basta cultura pétrea da touta barbanzán.
Debido ó escaso interés dos textos que acompañan este traballo, intentarei crearlles un pequeno entusiasmo levándoos a modo de guía, por los emocionantes sendeiros das vestas, en procura das ignotas sinais espalladas por ríos, montes e cañadas, brincando regatos, esbarando na bosta, pisando lagartos e culebras, pra rematar copulado polos aceirados tabáns, e acariciado por espiños, silvas e toxos carnívoros.
Teofanía. Por: Domingo Regueira
A Princesa Bansa. Por: Domingo Regueira

Entorno da Pedra Leirada. A Tomada-Pobra

(7 cruces)

Petroglifos cruciformes da Barbanza e outros temas
FORO: Disfruta das conversas no foro
Esta é unha pequena mostra dos gravados, que os nosos 
antepasados usaban como símbolos, teofanías, talismáns ou 
marcas do clan familiar, que en algúns caso sospeito,
 que parte delas, serían marcas dos
 constructores dos muiños, ó igual que as marcas de 
canteiros nos templos románicos.
 Outras son cruces que os conversos xudeos, gravaban nas súas propiedades para intentar salvarse da expulsión. 
A Barbanza vista por un barbanzónico

Protexamos os penedos

Outras curiosidades da Barbanza
Por: Domingo Regueira
O Castelo de Palmeira
Santuarios druidas
Mapa arqueolóxico de Ribeira
As primitivas fronteiras das trebas barbanzáns
Batalla de Oliveiros con Fierabras Campo das Dunas - Olveira
HORREOS DA BARBANZA
Valle-Iclán. Debuxos comentados
Dunas de Olveira
ARQUEOFOTO
Batalla de Oliveiros con Fierabrás nas Dunas de Olveira
Longo relato sobre os hipotéticos primeiros poboadores da ría arousán

 

Contadores
contador de visitas