O Weblog de IaRRoVaWo
O Weblog de IaRRoVaWo
Martes, 24 de Novembro do 2009 WEBLOG FOTOBLOG ARQUIVO EU LIGAZONS

Mudome...

Sego vivo e m mudo de weblog e servidor :). Agora me podedes atopar en iarrovawo.webcindario.com, tentarei atualizar o dominio www.iarrovawo.tk

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 25/07/04 ás 10:10 AM |

Non puido ser

Ao final non puido ser, pero aínda así, o deportivismo esta de agredicimento por chegar até as semifinais da liga de campións. É unha magoa que non chegase á final, sobre todo perdendo por un penalti innecesario na casa, cun xogador menos, con dous lesionados e dous máis que non puideron xogar por penalización...

Eu escoitei o partido pola radio (xa que non teño Canal +), o que fixo que estivese máis nervoso e non me enterara de nada. Por exemplo, cando o do penalti, segundo como o comentaba o comentarista pensei que Molina o parara e casi brinco de ledicia pero ao final foi gol... O Depor intentouno, pero é que os do Porto sabian xogar moi ben coas "mans".

Pero, en fin, polo menos chegamos á semifinal, cousa que non pode dicir o Madrid, o Barça ou o Valencia, e moito menos o Celta. Polo menos temos o consolo de foderlle a tempada ao Madrid e pode que o de facer baixar o Celta a senguda, aínda que amin, sinceramente, dame igual.

AGORA MÁIS QUE NUNCA: FORZA DEPOR CAMPIÓN!!

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 09/05/04 ás 1:52 AM |

Deume pola poesía

GALIZA
Oh Galiza
terra de lediza
terra salvaxe
de fermosa paisaxe
terra de viaxantes
terra de amantes
terra de néboa
terra boa.
Terra durmida
terra húmida
onde a choiva é un arte
onde atopas arte en calquera parte.
Galiza paraíso
de xente e marisco
metáfora do mundo
e mar profundo.
Galiza nosa
Galiza sempre nosa

É unha merda, xa o sei, mais non me importa, eu o que procuro son as rimas. So pretendo facer rimas, dame igual que teñan sentido ou non. Xa levo feitas unhas cantas de varios temas. O metodo que emprego é ben sinxelo, primeiro pénsase nun tema (se o tema é o amor quedache máis poetico), logo procuras o primeiro verso e rimas a derradeira verba do verso coa derradeira verba do seguinte verso.

Non sei por que me deu pola poesia, pero un día (de tantos outros) aborrecido en clase, comecei a facer un poema e agora xa levo algúns cantos que ao mellor poño por eiqui.

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 02/05/04 ás 4:09 PM |

Gmail

Xa teño unha conta no famoso servizo de e-mail de Google. Conseguín a conta de casualidade, entrei en Blogger pra postear e apareceume un "banner" que me dicia que me invitaban a facer unha conta pra o Gmail. Fixena e xa teño unha conta no Gmail :P.

Non o fuchiquei moito pero ten pinta de estar ben, ten pra procurar os e-mails, 1000 megas de espazo, teclas de acceso rapido, filtros anti-spam, unha especie de "conversación" na que te aparecen todas as mensaxes dunha persoa e as respostas que lle deches pra que sexa máis doado seguir a conversación, e máis cousas que aínda non vin.

O malo é que, como é unha beta, só está en inglés. Supoño que haberá que esperar a que esté todo a punto pra que teña versión en galego. O da publicidade non é un grande problema, xa que a maioria dos servizos de e-mail teñen publicidade.

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 25/04/04 ás 2:29 PM |

O Camiño de Santiago II

Ao fianl non vou... :'(. Por culpa dos profesores que decidiron non facer o camiño. Os motivos? Os de sempre... que se baixamos as notas (eu subinas), que se perderiamos horas de clase, que se non estariamos concentrados á volta, etc...

Eu creo que se poderia facer sen problemas. En fin, eu tiña ganas de facer o camiño e agora non podo.

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 18/04/04 ás 2:16 AM |

Non ao odio a Galiza


Parece como se algúns galegos teñan un odio a Galiza ou se avergoñen de seren galegos. Non o entendo, somos galegos e temos unha identidade propia, non hai que avergoñarse diso, non somos peores nin mellores que outro povo, nin somos especiais, nin somos "o povo elixido", nin nada diso. Quizais aínda fica algo presente na sociedade galega de cando os demáis povos tiñan aos galegos coma tontos ou incultos.

A imaxe está tirada de Aduaneiros sem Fronteiras un weblog de crítica sobre a razón galega en ton de humor. Un bo weblog con moi boas imaxes. Se queredes descargar un pdf pra poder imprimer a imaxe en forma de auto-colante ou cartaz premede aquí. Eu pode que imprima uns auto-colantes.

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 09/04/04 ás 2:39 PM |

Galipedia

Xa hai tempo que coñecía a Wikipedia en galego, pero foi fai pouco que decidin a publicar algunha entrada. O que soio facer é darlle a páxina aleatoria e a que vexa que precisa unha ampliación (case todas) procuro a mesma entrada nas wikipedias inglesa, castelá, catalá, ou portuguesa, e intento traducilas ao galego. No futuro teño pensado facer artigos sobre Galiza (historia, galeguismo, galego, cultura, musica, comunidade autonoma, politica, etc...) e publicalos en todas as wikipedias que poida (inglesa, castelá, galega, portuguesa, catalá, etc..).

Pra os que non saiab o que é a Wikipedia: A Wikipedia é unha enciclopedia gratuita, con copyleft, e de balde. Ademais é un wiki, o que significa que calquiera (reixistrado ou anónimo) pode crear unha entrada e contribuir á wikipedia. É como unha enciclopedia de todos, onde todos somos os escritores.

A Wikipedia en galego necesita xente que traballe nela e por iso vos pido que axudedes a que a Wikipedia en galego medre en contidos e calidade. Tamén podedes colabarar en calquera outra wikipedia, francesa, portuguesa, inglesa, latina, en esperanto, en interlingua, en castelán, en xapones, en kurdo, en chinés , en árabe, en grego, en punjabi, en vasco, etc....

Prestige: esiximos responsabilidades
# Escrito o 05/04/04 ás 1:03 AM |


IaRRoVaWo'S CReaTioNS © Copyleft 2003
Ista web é un weblog persoal de IaRRoVaWo, con opinions persoais de IaRRoVaWo.
Na rede gracias a blogger.com
NUNCA MAIS!
Blogs de galegos

Última actualización do fotoblog: 8 de decembro do 2003