|
Invasión
musulmán
A principios
do século VIII, chegaron as nosas terras os musulmáns no
seu intento de dominar Europa. Estableceron varias colonias no val de As
Pontes: A Mourela, Os Mouros, A Mourania, O Mouriscón, etc. Os nosos
antepasados sufriron maltratos e ofensas por parte deles: como tributo
debían entregar todos os anos un grupo de xoves doncelas. Estas,
como é lóxico, resistianse polo que chamaron o lugar habitual
de entrega "So mozas" (quietas mozas), que corresponde o lugar que hoxe
se chama Somozas.
No século
IX foi fixada a Diócesis a que pertencía As Pontes chamada
Mindoniense (de Mindoni), Mondoñedo. Se extendía dende Guitiríz
hata Pontedeume e a sua ría. Galicia foi dividida entón en
sete provincias hata 1833: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo,
Orense, Santiago e Tui. O val de As Pontes pertencía á provincia
de Betanzos que tiña os seus límites de norte a sur dende
o cabo Ortegal hata Santiago de Jubial, e de este a oeste dende o Freixo
e Montato hata o cabo Prioriño.
Un
dato relevante desta época:
No ano 982, apoiado polos magnates galegos e portugueses, e en rebelión
contra o rei Ramiro
III, proclamouse novo rei Bermudo, exercendo como tal en Galicia e
Portugal. Xa como rei de León, as rebelións internas do
reino empuxárono a poñerse baixo a tutela do califato
cordobés, onde a dirección militar estaba nas mans de
Almanzor.
Sofocadas as rebeldías internas, comenzou un periodo de enfrontamentos
cos musulmáns e Almanzor dirixiu unha gran expedición contra
Galicia. Entre os anos 985 e 997 devastou Coimbra, León, Zamora
e Sahagún entre outras localidades, chegando incluso ata Santiago
de Compostela. Ante a superioridade do enimigo o rei Bermudo fuxiu ó
norte establecendose na paraxe que hoxe é a parroquia de Bermui,
nome que recibeu do mesmo rei ó refuxiarse ali durante 10 anos,
máis ou menos. Elixíu este lugar polas suas condicións
estratéxicas (xa vimos anteriormente que os celtas tamén
o elexiron como capital polas mesmas razóns). Pese as guerrillas
que enviaba contra Almanzor non puido deter o seu avanze arrolador. Este
chegou ata Compostela destruindo a cidade, despois tomou Coruña,
logo Betanzos e Bermudo fuxíu a Oviedo (de onde era nativo) pasando
por As Pontes na sua retirada.
No 999 Almanzor retirase de Galicia e volve Bermudo, reconstruíndo
as fortalezas e monasterios. Faleceu o pouco tempo en Villanueva del Bierzo.
Os seus restos descansan na Catedral de León.
|