Personaxes do Entroido de Laza: "As formigas"

Peliqueiro A Morena As Formigas Maragatos
Testamenteiro O Albardeiro    

"As Formigas"

Son unha parte importantísima do Entroido de Laza. Hoxe en día están atraendo a moitísima xente.

As formigas acompañan o burro e a todo o séquito de xente que baixa dende o barrio de Cimadevila con toxos e cobelleiros. Non valen calquera clase de formigas, deben ser o que aquí chamamos "Cabalararias", de gran tamaño e de  un cor mais ben   vermello.

FORMIGAS CABALARIAS

Non se sabe moi ben de onde ven esta tradición, pero o que si se sabe, e que "Xosé Alonso Obregón" cítaas no seu libro "Na Miña Aldea", e cóntanos que xa hai moito tempo había en Laza un xuíz moi pouco amigo das cousas do Entroido, e que estaba empeñado poeste tempo en ter escribindo todo o día o secretario, e este era un deses que facía sempre un bo pe para o cachondeo. Di que foron os amigos do secretario pedirlle o xuiz que o deixara ir, pero este dixo que non, que estaba nun asunto de urxencia, de modo que os amigos non selle ocorreu outra cousa mais que  vaciarlle o xuíz un saco de formigas cabalarias por riba. ¿Que fixo o xuíz? Pois colleu unha botella de viño e embadurnounos a todos, e o final tivo que deixar marchar o secretario.

MANCHEA DE FORMIGAS

O normal e que a xente de Laza xa saiba onde están os formigueiros e os coiden todo o ano, para que cando chegue o entroido poidan ter uns bos sacos de formigas;  pero tamén é verdade que a xente de fora tira as formigas, buscan apresuradamente os formigueiros o Luns despois de comer e os deixan non moi ben parados, pero é algo normal.

COLLENDO FORMIGAS

En contra do que din os ecoloxistas, en Laza nin se maltratan as formigas, nin se fan sufrir nin se lles verte vinagre, nin nada de nada. Quizais se pisen por haber tantísima xente, pero tamén morren moitísimos insectos por culpa dos insecticidas e esta xente non fai nada, ou quizais aínda mais cruel: ¿Que pasa cos toros? e non se ve que fagan nada porque é a festa nacional, pois señores, esta é a nosa Festa Local, da que estamos moi orgullos, símbolo da nosa cultura e das nosas tradicións e ninguén no la vai quitar.

XENTE CON SACOS DE FORMIGAS NA PICOTA

Cando a xente chega cos sacos de formigas a Praza da Picota comezan a tirarllas a todo  mundo, a xente trata de quitalas do corpo, pero os que levan os toxos danlle nas pernas, a máquina  limpiadora que fai unha borralleira coa fariña que impide ver nada e a morena arremete contra as mulleres; esto é un caos.

¡¡¡COMO MORDEN!!!!!