
| Peliqueiro | A Morena | As Formigas | Maragatos | |||
| Testamenteiro | O Albardeiro |
|
A Morena é un home que suxeita por medio dun pau unha cabeza de vaca feita de madeira, tapado por unha manta. Sae o Luns pola tardiña do barrio de Cimadevila, acompañada por un séquito de xente con formigas, toxos, cobelleiros, o burro e a máquina trilladora de Souteliño. |
|
|
Cando chega a Praza da Picota arremete contra todo o mundo, pero principalmente contra as mulleres, as que tenta levantárlle-la saia; estas, non poden mais que tentar fuxir, porque se a saia tentar baixar, cos toxos lles van a dar. |
|
|
A Morena soe sacala un home xa maior de Cimadevila. Moito se ten escrito e falado de que si é un rito de fertilidade, polo feito de arremeter contra as mulleres, pero a realidade é que "A Morena" era unha vaca tola que había no barrio do Solado. |
|
|
Botábase a xente, e cando os rapaces a vían chegar berraban "Aí ven a Morena", tratando de avisar os veciños para que se puxeran a refuxio. Para o ano seguinte ó da súa morte botánse no Entroido os veciños cos seus cornos e unha cabeza de madeira a Picota ó berro de "Aí ven a Morena" co que se armou boa, tratando a xente de fuxir . Para os seguintes anos xa quedaría de tradición. |
|
¿Quizais foi Laza onde apareceu o primeiro caso de "Vaca tola"? |
|
Ven e compróbao: |
|
| Se a Morena che fai así: | Pero si che fai así, |
| ¡¡¡e que non está tola!!! | ¡¡¡ seguro que tola ha de estar!!! |
Entroido - Personaxes - Historia - Os días