| Peliqueiro | A Morena | As Formigas | Maragatos | |||
| Testamenteiro | O Albardeiro |
|
|
|
|
Non é un disfrace.
É una máscara que representa o poder. Ninguén a pode tocar. É o rei
indiscutible da festa e a vez, gardián de tódolos demais personaxes do
Entroido. A súa orixe non se pode determinar.
O que si está claro é que a careta e os chocos son as partes mais
antigas, quizais prehistóricas. Son estes elementos os que lles dan
o seu carácter de autoridade relixiosa - espiritual. O nome venlle da pel de animal que leva cubrindo a careta. Esta pel soe ser de gato ou cordeiro. A careta é de madeira de aliso, rematada cunha mitra que leva pintada unha figura de animal. |
|
|
O traxe é enteiramente artesanal. A chaquetiña é curta con charreteiras de corte militar e cuberta cunha pañoleta pola parte de atrás que é agasallo da noiva do Peliqueiro. O pantalón, a modo de calzón curto é de liño, con encaixes e borlas de algodón. Levan camisa e garabata, medias e ligas de fantasía de rechamantes cores. Na cintura dúas faixas e riba delas un cinto con seis "chocos" que ó correr fan un barullo estrondoso. Na man levan un látego ou "zamarra": báculo e símbolo de autoridade co que se abre camiño, saúda e castiga. |
|
"Vestirse de peliqueiro é un orgullo": un símbolo de fortaleza física e poder moral. |
|
Entroido - Personaxes - Historia - Os días