|
É
a persoa encargada de dici-lo “Testamento do Burro”.
Vai vestido cunha coroza de palla (ó igual que os seus súbditos) nun
burro, e acompañado por dúas filas de Peliqueiros. Sube dende o Outeiro
ata a Praza da Picota, entra na Aira onde está o palco, e alí comeza a
dici-lo sermón.
O
Sermón e unha composición sátira en cuartetos que riman,
e na que se critica ou se exalta todo aquelo que sucedeu no pobo e os seus
veciños durante o tempo transcorrido entre os entroidos. |
 |
|
Tamén
se lle chama o "Reparto do Burro", pois o que se vai a facer en
realidade é repartir ficticiamente un burro morto no pobo durante o
último ano. ¿E por que
ficticiamente?, pois porque o burro xa está ben enterrado. A un veciño
determinado tocaralle un anaco do burro, iso si, antes o testamenteiro
sacaralle as cores, a ben seguro, descubrindo algo que o agraciado non
quixera. |
 |
|
O
Testamento está preparado, pero xa anos era improvisado,
o Testamenteiro dicía as ocurrencias que lle parecía, iso si, xa
coñecedor de tódolos sucesos, defectos, etc... dos veciños/as do pobo.
Son
xa varios os Testamenteiro do Entroido, actualmente é o "Dopa",
Manuel Quintas Morais, pero tamén son moi lembrados o "Juan Luis do
Cheto", Juan Luis Lorenzo; o "O Costiña", Manuel Blanco
Cid; o "Sarreaus", Santos García; ou tamén o "Alfredito",
Alfredo Barja |
 |
|
Xeralmente
a xente non se soe enfadar, pero xa non é a primeria vez que o
Testamenteiro se ve en apuros, o
cal este replica "Sonche cousas do Entroido"
Cada
vez que o testamenteiro di algo que fai gracia os Peliqueiros fan soalos
chocos. O Testamento remata ofrecéndolle os "cagallóns" do
burro a todos aqueles os que non lles tocou nada e con "Vivas" o
Entroido.
Logo
vólvese montar no burro e regresa por onde veu. |
 |