Pagina nueva 1

VOLVEMOS Á CARGA!!!!

AÍNDA SE ESTÁ XESTANDO PERO PARA FINAIS DE XUÑO E NA CORUÑA IMOS DAR UN CONCERTO.

TEMPO Ó TEMPO XA IREMOS DANDO MÁIS NOVAS

NON SABEMOS SE DAREMOS MÁIS CONCERTOS XA QUE ANDAMOS MOI LIADOS COS CURROS, PERO SE ESTADES INTERESADOS POR PROBAR NON SE PERDE NADA. ESCRIBIDE (E MANDADE) UNHAS LIÑAS CONTANDONOS O VOSO PROXECTO A:

cospeta@hotmail.com

Veña, saúde, pesetas e leite nas tetas!

 

 

 

manda un Mail

 

DISCOGRAFÍA

ACTUACIÓS
VIDEOS

 

 

 

RIOMINHO pasounos iste video do Castañazo

  e istoutro foi cedido xentilmente pola nosa conexión con Aríns

Graciñas a todos, monstruos!!!

Cando volvades por Chantada vide con tempo, jejeje


¡NOVAS!
O noso derradeiro traballo está xa nas tendas . É un tema no recopilatorio de homenaxe ós Diplomáticos de Montealto: 120 CAPADORES no que versioneamos o seu tema: PLATINOS, pasado pola turmix rastrera. Colaboran Bocixa (Zënzar) e Vituco (Ruxe Ruxe) nos coros, e Javi no baixo.



DIPLOMATICOS
Na feira do disco do Castañazo mantivemos conversas con Edicións do Cumio e estamos en condiciós de afirmar que o CD A PIÑON FIXO vai sufrir unha reedición pra contentar ós seguidores máis radicais dos Rastreros.

Se queredes coñecer a unha pila de colegas nosos:
http://www.myspace.com/rastreros

Hala! a rañala!

 Contador de visitas a la página